Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Novas Tecnoloxías da Información  
Portada » O Concello » Concellería de Comunicación e Novas Tecnoloxías da Información » Novas Tecnoloxías da Información
       
NOVAS

« Atrás

Realiza pagos e xestións co Concello desde a túa casa

A renovada sede electrónica do Concello de Oleiros permite realizar de xeito cómodo e eficaz múltiples trámites administrativos desde calquera ordenador con conexión a internet. O novo portal presenta un deseño totalmente renovado e unha plataforma unificada que facilita a navegación de todos os usuarios e usuarias. Con esta aplicación o Concello está aberto as 24 horas do día para que todos os veciños e veciñas, os provedores, as xestorías e as notarías realicen os seus trámites administrativos sen necesidade de desprazarse fisicamente ata as oficinas municipais.

A sede electrónica permite o pago de todos aqueles recibos tributarios que non estean domiciliados. Mesmo no caso daqueles que estean fóra de prazo, tamén será posible realizar o aboamento, xa que o sistema calculará as penalizacións correspondentes en cada caso. Tamén se irán incorporando de xeito progresivo ao portal os diferentes modelos de autoliquidacións tributarias, de xeito que se poderán pagar directamente no enderezo da sede: http://sede.oleiros.org. Nos vindeiros meses tamén estarán dispoñibles as autoliquidacións correspondentes ás actividades culturais, deportivas e de servizos sociais.

Outra das novidades máis importantes que ofrece o renovado espazo dixital é a posibilidade de pagar multas impostas pola administración local. Grazas á nova plataforma de pago, que cumpre con todos os requisitos establecidos nas diferentes normativas, calquera veciño ou veciña pode realizar os seus pagos de xeito totalmente seguro. O único requisito que se esixe é a identificación da persoa usuaria mediante PIN, DNI electrónico ou certificado dixital.
 
TRÁMITES

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza