Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Sanidade  
Portada-old » O Concello old » Concellería de Benestar social e Sanidade » Sanidade » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

O Concello de Oleiros inicia unha campaña de sensibilización sobre a doazón de medula ósea

Oleiros, 03 de febreiro de 2016-. O Concello de Oleiros vai desenvolver unha campaña de sensibilización entre a poboación sobre a doazón de medula ósea. A través dos distintos medios que ten ao seu alcance: mensaxes nos paneis informativos, na web municipal, nas redes sociais do Concello, folletos con información básica en todos os edificios municipais sobre como facerse doante..., pretende concienciar os veciños e veciñas sobre a transcendencia tan importante que ten este acto co que se pode axudar a moitas persoas en todo o mundo.

Xa hai ano e medio, a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade desenvolvera unha campaña similar sobre a doazón de órganos e, nestes momentos, quere centrarse na doazón de medula ósea como apoio a unha nena, veciña de Santa Cruz, que se atopa loitando contra a enfermidade e contra o tempo e que precisa dunha doazón de medula ósea.

Os seus pais iniciaron unha campaña animando á xente nas redes sociais a través de facebook “Por Victoria hasta la médula”, coa que tratan de sensibilizar á xente sobre este tema.

A doazón de medula ósea é un acto sinxelo que salva vidas. A través deste acto solidario de xenerosidade, no que compartimos a maior riqueza que temos como persoas, a saúde, podemos salvar vidas en calquera lugar do mundo.

A Fundación Josep Carreras Contra a Leucemia é quen xestiona en España o Registro de Donantes de Médula Ósea, denominada REDMO. Na actualidade 3 de cada 4 enfermos de leucemia non contan cun doante familiar compatible, sendo un doante anónimo incluído nese rexistro a súa única esperanza de vida.

As persoas que queiran ser doantes de medula poden facelo a través do teléfono gratuíto do Plan Nacional 900 102 688.

ENLACES DE INTERÉS:

INFOGRAFÍA

CARTEL

https://galicia.medulaosea.org/gl/

https://www.fcarreras.org/eres/

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza