Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Sanidade  
Portada-old » O Concello old » Concellería de Benestar social e Sanidade » Sanidade » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

Unha mesa redonda analizará a situación da sanidade pública en Galicia

Mañá xoves 4 de febreiro, ás 20:00 h, vaise celebrar unha mesa redonda baixo o título Estase a desmantelar a Sanidade Pública en Galicia? nas Torres de Santa Cruz . No acto participarán distintos expertos e profesionais da medicina e da xestión sanitaria que ofrecerán datos, testemuñas e información que acreditan o desmantelamento e a privatización que se está a levar a cabo da Sanidade Pública, á vez que denunciarán o incremento no gasto e a perda de eficacia que estas actuacións están a supoñer nas arcas públicas.

Nos últimos tempos saen a diario novas relacionadas coas denuncias que o persoal da Sanidade Pública está a realizar sobre o desbaratamento, o caos e os recortes de persoal que se están a levar a cabo no ámbito sanitario; o novo Hospital de Vigo, as Urxencias do CHUAC..., son un claro exemplo desta situación.

Na mesa redonda intervirán:

- Jose García Buitrón: senador, cirurxián e ex-xerente do CHUAC

- Pablo Vaamonde García: médico de familia e coordinador do libro La salud como negocio.

- Miguel Ángel Jiménez: avogado e químico

O acto está organizado pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, entidade integrada por diferentes colectivos sociais, profesionais e sindicais, que teñen como obxectivo loitar pola defensa dunha sanidade pública, gratuíta no momento da prestación, universal e de calidade.

O Concello de Oleiros colabora na organización desta Mesa Redonda dentro do seu compromiso na defensa dunha Sanidade Pública para toda a cidadanía, libre de especulacións e contra os negocios millonarios que supoñen para os especuladores e as multinacionais do sector en contra do interese público.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza