Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Servizos sociais  
Portada-old » O Concello old » Concellería de Benestar social e Sanidade » Benestar Social » Contidos
   
CONTIDOS

« Atrás

O Concello asina un convenio coa Universidade, Nova Pescanova e Solidariedade Galega para o envío de material escolar a América Latina

Oleiros, 4 de setembro de 2018-. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o director de responsabilidade social corporativa de Nova Pescanova, Ángel Matamoro, o presidente da ONG Solidariedade Galega, Enrique Rodríguez, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asinaron esta mañá no Reitorado da Coruña un convenio de colaboración para a doazón, transporte e distribución de equipamento e material escolar en centros educativos de países de América Latina. Mesas, cadeiras, pupitres, libros, encerados, bicicletas,... son algúns dos elementos que serán enviados aos colexios das zonas máis desfavorecidas.

O Concello de Oleiros, a través da concellería de Cooperación Internacional, desenvolve ao longo de todo o ano numerosas campañas nesta liña. O último dos envíos realizado a Nicaragua chegou a semana pasada ao seu destino e en breve será distribuído polos centros educativos previstos.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza