Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Publicacións e documentación » Guía de lectura
   
Guía de lectura

« Atrás

Nadal 2019 en Bibloleiros

https://spark.adobe.com/video/uwJ1kKEuRabmC

A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) elabora para este Nadal unha serie de recomendacións bibliográficas de libros, DVD e CD dirixidas a un publico infantil, xuvenil e para adult@s que podes ver na web municipal e no blog das bibliotecas municipais. Nelas preséntanse obras literarias (contos, historias e albumes ilustrados infantís e xuvenís, narrativa e poesía para moz@s e adult@s) pero tamén obras de coñecementos para diferentes idades (de historia, botánica, zooloxía, cociña, viaxes, etc.).

Realízase esta selección cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, visión ou audición e lembrar que un libro, un DVD, ou un CD son tamén un bo agasallo. Esta escolla foi realizada polo persoal desta biblioteca e nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Con todos os libros, CD e DVD destas recomendacións realizaranse exposicións bibliográficas en distintas salas da Biblioteca Rialeda para que os poidan ver e, se o desexan, que os leven en préstamo para as súas casas.

Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) levarase a cabo a actividade “Decoramos co Nadal”. Consiste en proporcionarlles aos nenos e nenas recortables con motivos do Nadal para que podan colorear e ir decorando con eles as distintas salas da biblioteca favorecendo a creación dun ambiente navideño.

Nas Bibliotecas Públicas Municipais Mª José Trincado (Mera), Mª José Ruso (Dorneda) e Xograr Mendiño (Lorbé) construirase unha árbore de Nadal con cartolinas e, os nenos e nenas realizarán bolas e diferentes adornos do Nadal, que colorearán e recortarán, para posteriormente colocalos na árbore ou distribuílos pola biblioteca.

Nas sete bibliotecas municipais realizaranse exposicións bibliográficas de libros con temática do Nadal: contos, historias e álbums ilustrados que lles presenten aos nenos e nenas personaxes como o Apalpador, Papá Noel ou os Magos de Oriente, obras literarias (novela, poesía e teatro) ambientadas no Nadal, libros de arte sobre esta temática, obras de decoración navideña, libros de cociña con alimentos e pratos típicos desta época, etc., xunto con películas ambientadas na época do Nadal e CD de panxoliñas. Así mesmo, en todas as bibliotecas as nenas e os nenos poderán colorear diversas ilustracións desta temática.

Animamos a todas as persoas que vaian facer algún regalo por estas datas de Nadal ou Reis, que obsequien aos seus seres queridos cun libro, ao mesmo tempo que lles lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade, que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza