Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas » Perfís » Mozos » Novas
   
MOZOS / AS

« Atrás

María Victoria Moreno homenaxeada no II Día das Galegas nas Letras

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/IIDiaDasGalegasNasLetrasEnBibloleiros?authuser=0&feat=directlinkA plataforma de crítica literaria feminista A Sega convoca o II Día Das Galegas nas Letras para celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. En 2015, a muller a quen se rende homenaxe é María Victoria Moreno que “representa a forza da vontade fronte á desidia e o accidente, a decisión consecuente da palabra xusta”. Bibloleiros súmase a esta celebración con mostras bibliográficas adicadas a esta autora nas bibliotecas municipais.

María Victoria Moreno, mestra e escritora, naceu en Estremadura. No ano 1963 chegou a Pontevedra e quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade. Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios. Como profesora, afanábase na procura dun método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe. Era encantadora de palabras, amante dos libros e defensora da literatura infantil e xuvenil. Sentía, como os rapaces, a incomprensión dos adultos e o desacougo de andar perdida no mundo. Xa en Galicia, adquiriu o compromiso de escribir só en galego.

Contaba María Victoria que soñara "Mar adiante" como a singradura dunha escola ideal. O conto "Crarisca e Luceiro" levou o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís "O Facho" en 1972. "Leonardo e os fontaneiros" (1986) era a súa obra preferida. Esta novela, que propón diferentes formas de lectura, reflicte o mundo interior dun rapaz e a súa amizade cun can da rúa. Levou o terceiro premio do concurso "O barco de vapor" en 1985. "Anagnórise" (1989) é unha das obras con máis éxito da literatura xuvenil galega. A xeito de "road-movie", unha muller misteriosa recolle no seu coche a un desorientado adolescente que emprenderá unha viaxe cara ao coñecemento. "Guedellas de seda e liño" (1999), mención especial White Ravens 2002, retrata dous mundos, o paio e o xitano, a través da vida de dúas nenas e un primeiro amor. No 2004, afectada polo cancro de mama que lle levou a vida, escribiu "Diario da luz e a sombra", reflexión sincera e valente sobre os efectos da enfermidade.

Gustáballe pasear amodo, cociñar, a música, os cans e as flores. Amaba "a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".                                       

                                  Texto de Alejandra Soto Meijomence do “Álbum de mulleres” da web culturagalega.gal

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza