Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Novas
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 24 xullo 2020

- Infantil (a partir de 8 anos):
"A nena, o monstro e o mar: unha historia de Leopolda Diéguez" de Teresa González Costa. Ilustracións de Martín Romero. Editado por Xerais.
Unha nova historia da viaxeira Leopolda Diéguez que aparecía por primeira vez en "Fred Quincalla, o nómade do mar".
Leopolda Diéguez nárralle a Gran Gogol (que estaba prisioneiro nunha torre) a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro: unha vida. Só conseguen ver o mar cando o monstro está durmido.
Na historia que conta Leopolda, a nena pídelle a seu avó que de agasallo
polo seu aniversario lle gustaría que lle contara como é o mar, pero tamén quere saber que lle pasou a seus pais...
Un relato de viaxes que nos fala de amizade, da relación avós-netos, de seres diferentes, da protección do medio ambiente e dunha necesidade da educación en valores.

- Mozas-os e adultas-os:
"El puerto de los aromas" de John Lanchester. En Anagrama.
En 1935, Tom Stewart, un mozo inglés, deixa unha tranquila localidade e o pub familiar no que traballa e marcha a Hong Kong. No barco coñece a María, unha monxa asiática nova, e por unha aposta ela ensinaralle cantonés o tempo que dure a viaxe. Tom e María manterán a amizade durante todo o tempo.
Nos anos n
oventa, Daw Stone, unha ambiciosa xornalista británica que quere medrar na súa carreira, deixará o xornal no que traballa en Londres para cambiarse a un medio de comunicación de Hong Kong. Unha crónica sobre os millonarios locais atraerá a atención do dono da revista, o que lle facilitará a súa promoción.
En Hong Kong tamén atopará unha nova vida Matthew Ho, un neno refuxiado, que o pai foi vítima da revolución cultural en China. De maior será empresario..
.
En torno a estes catro personaxes avanza a novela, pero principalmente cóntanos a
vida de Tom Stewart desde que chegou a esta cidade e con ela como pano de fondo e como verdadeira protagonista. Vemos os principios de Stewart, a ocupación xaponesa durante a Segunda Guerra Mundial... Segundo vai transcorrendo a vida de Stewart, paralelamente contemplamos a evolución de Hong Kong ao longo do século XX.
A obra consta dun prólogo narrado polo propio Stewart e está dividida en catro partes, cada unha narrada por unha destas persoas. Na 1ª fala a xornalista Daw Stone, na 2ª Tom Stewart, na 3ª a irmá María, e na 4ª Matthew Ho.
Con Matthew Ho regresamos á última década do século pasado. A súa vida estará relacionada cos anteriores personaxes.
O significado de Hong Kong é porto dos aromas, de aí o título do libro. Unha mítica cidade que pasou por diferentes guerras e que agora, co paso do tempo, é unha urbe moderna.
Unha obra moi interesante, ben escrita, que nos traslada a outro continente, con outra lingua, costumes e gastronomía distintas.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza