Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Novas
   
NOVAS

« Atrás

15 outubro 2019: Xurxo Souto presenta "A gran travesía de Chiruca Macallás" no Teatro As Torres de Santa Cruz

"A gran travesía de Chiruca Macallás" é unha obra publicada por Xerais, que conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller: Mercedes, patroa de pesca e antes vocalista do conxunto ForzA dozZE!
Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos, Xurxo Souto ofrécenos unha novela que relata a aventura dunha marea singular.

A presentación terá lugar ás 20 h. e estará acompañada de música e cancións.

Gran difusor da música galega, Xurxo Souto é autor de A tralla e a arroutada (1995), Fumareu (1997), O retorno dos homes mariños (1999), Tres trebóns (2005), Contos do mar de Irlanda (2014) e o ensaio Contos da Coruña (2001), todos editados en Xerais.

Asimesmo foi músico e vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto, presentador e divulgador radiofónico na Radio Galega, Cuac FM e traballou como actor.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a  gozar cos textos e a palabra deste autor e as cancións que o acompañarán.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza