Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Novas
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 9 agosto 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=desconocidos&idx=au%2Cwrdl&q=lozano&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Buscahttp://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros- Xuvenil:
"Desconocidos" de David Lozano. En Edebé.
Trátase dunha novela xuvenil de intriga e misterio. Os protagonistas principais, Lara e Wilde quedan para verse por primeira vez tras varias semanas intercambiándose mensaxes. Coñecéronse por twitter e chegan a esta cita coa ilusión e as ganas de verse en persoa. Deciden quedar no McDonalds da estación de tren de Sants en Barcelona porque, a pesar de que non é moi romántico, é un sitio moi público e lle aporta a Lara certa seguridade. Non moi lonxe de alí, no Barranco de Sorts, nas cercanías de Barcelona, a policía atopa un cadáver. O dun mozo novo que leva no peto traseiro do pantalón unha foto, un selfie de Lara. Os inspectores aínda non o saben pero este corpo terá que estar ligado directamente á cita que se está a desenvolver no McDonalds.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=Un+animal+chamado+n%C3%A9boa&idx=kw&q=&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busca- Mozas-os e adultas-os:
"Un animal chamado néboa" de Ledicia Costas. Editado por Xerais .
"Un animal chamado néboa" é un libro duro, durísimo máis ben. Pero necesario para non esquecer toda a brutalidade e barbarie que o ser humano é quen de acometer. Hai que lembrar as atrocidades para evitar que se volvan repetir. Consta de seis relatos unidos por un nexo: a Segunda Guerra Mundial, máis ben: “a barbarie humana da Segunda Guerra Mundial”. O asedio mortal a Leningrado, as consecuencias das bombas atómicas, os crueis interrogatorios na Italia fascista ou as presas prostituídas polos nazis en Mathaussen, compoñen as historias deste libro. Como  nos podemos convertir en meras máquinas de destrución masiva dos nosos conxéneres? Como é posible que sucedese todo isto? Preguntas que nos facemos despois da lectura que nos removen a memoria. Unha memoria histórica que non debemos esquecer para evitar reproducila.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza