Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Novas
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 28 xuño 2019

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libroshttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1227169&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil:

"Inventario ilustrado das aves" de Virginie Aladjidi. Ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel. En Faktoría K de Libros. Este libro recolle 80 das máis de dez mil especies de aves que hai no mundo: o pingüín, o colibrí, a anduriña, o merlo, a curuxa... completado cun vocabulario ilustrado sobre a súa morfoloxía, as peculariedades da súa alimentación e os seus hábitos de apareamento constituíndo un interesante paseo pola natureza para o público de todas as idades. 
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Chica de campo" de Edna O' Brien. Editado por Errata Naturae.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1425197&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1Estas memorias son un documento de gran importancia social, histórica e literaria dunha muller que naceu na Irlanda rural de 1930. Relixión, tabernas, igrexa, control familiar e tamén moitas ganas de ter outras experiencias. A fuxida a Londres, a maternidade, as festas e o encontro coa literatura que muda a súa existencia para sempre, nun traballo que considera masoquista pero que lle aporta moitas satisfaccións. Nestas páxinas aparecen Jackie Onassis, Robert Mitchum, Samuel Beckett e Marguerite Duras entre outros nun compendio de calidade que supón unha aportación de primeira orde.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza