Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Novas
   
NOVAS

« Atrás

As Bibliotecas de Oleiros celebramos o Premio LIBER 2017 da Federación de Gremios de Editores de España!!!

http://federacioneditores.org/img/documentos/120617-notasprensa.pdfO Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros gañou o Premio LIBER 2017 á mellor iniciativa de fomento da lectura nas bibliotecas públicas abertas ao público que concede a Federación de Gremios de Editores de España. Esta federación xunta o 90% das editoriais privadas.
As actividades que fomentan o achegamento ao mundo do libro e a lectura para todas as idades, que desde hai máis de dúas décadas se desenvolven nas bibliotecas do Concello de Oleiros, foron recoñecidas con este premio.
Obradoiros de diversas modalidades: ilustración, cómic, creación de poesía, manualidades; exposicións, encontros con escritoras-es, clubs de lectura, contacontos, monólogos, son algunhas das actividades que se programan nas sete bibliotecas municipais, ademáis de celebracións como o Entroido, Día do Libro, Día das Letras Galegas, Nadal, etc. Os programas para o fomento da lectura, teñen lugar de forma ininterrumpida desde hai 25 anos e dedican unha parte importante das actividades á poboación escolar de centros públicos do concello.
Para o público adulto, destacan os tres clubs de lectura, de vinte integrantes cada un, que cada ano contan con lista de espera. As bibliotecas ofrecen, además das actividades e préstamo de libros, rede wifi e ordenadores.

A Federación de Gremios de Editores de España concedeu o Premio Liber 2017 de fomento da lectura en Medios de Comunicación ao xornal asturiano "La Nueva España" polo seu suplemento ‘Cultura’. O Premio Liber 2017 á mellor adaptación audiovisual foi outorgado ao director Juan Antonio Bayona, pola súa película ‘Un monstruo viene a vernos". O acto de entrega terá lugar o 5 de outubro na Real Fábrica de Tapices no marco das actividades de LIBER. Outros recoñecementos, pendentes de outorgar son á mellor librería de España, ao-á autor-a hispanoamericano-a máis destacado-a e se homenaxeará a un-unha editor-a pola súa traxectoria no mundo do libro.

Ofrecemos este galardón a todas as persoas que participan nas nosas actividades, que gozan das bibliotecas municipais de Oleiros e alargan o horizonte do libro e a lectura!!!
Moitas grazas!!!

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza