Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Novas
   
NOVAS

« Atrás

Agustín Fernández Paz, camiño do Andersen

Un cualificado xurado internacional de especialistas encárgase de outorgar cada dous anos o Premio Hans Christian Andersen, coñecido como “o Premio Nobel da Literatura Infantil”. Os/as galardoados/as son un escritor ou escritora e un ilustrador ou ilustradora, cuxa produción contribúa a acrecentar a literatura infantil e xuvenil. É o premio de máis elevado recoñecemento que se concede en vida a un autor/a e a un ilustrador/a de libros infantís.

A OEPLI, como sección española do IBBY, é a encargada de propoñer aos seus candidatos/as e para 2012 presentaranse as candidaturas do escritor galego Agustín Fernández Paz e do ilustrador Javier Zabala. (Fonte: OEPLI)

Con este motivo e para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil presentamos unha exposición bibliográfica coa obra do escritor de Vilalba que poderás contemplar na Sala Infantil e Xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza