Recoñecementos e premios
O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros recibeu xa numerosos galardóns en recoñecemento á súa labor de difusión e fomento da lectura.
- Premio Irmandade do Libro 2009, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia na súa XVIII edición, celebrado en O Carballiño. Descargar nota de prensa (PDF - 69.5 KB).
- Finalista e Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2008.
- Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedida polo Ministerio de Cultura, no ano 2007.
- Selección do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2009 e outros anos anteriores.
- Premio no Concurso "Abril, Mes dos Libros", concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, nos anos 2007 e 2008.
- Premio Irmandade do Libro 1995, na modalidade de Institucións, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia na súa IV edición, celebrado en Vigo.