Wifi nas bibliotecas
O servizo Wifi (conexión sen cables a Internet) está dispoñible, de luns a venres, nas seguintes bibliotecas:
- Biblioteca Central Rialeda.
- Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Santa Cruz.
- Biblioteca Pública Municipal María José Trincado. Mera.
- Biblioteca Pública Municipal María José Ruso. Dorneda.
- Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros.
- Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós.
- Biblioteca Pública Municipal Federico García Lorca. Montrove.
- Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé.
As condicións de uso do sistema Wifi destas bibliotecas son as seguintes:
- Os altofalantes dos ordenadores portátiles deberán permanecer desactivados.
- Non está permitido o uso de micrófonos.
- Moi importante: os/as usuarios/as son responsables dos seus aparellos. O persoal das bibliotecas non os vixiará se os usuarios/as se ausentan momentáneamente do seu posto.