Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades de promoción da lectura e culturais » Recomendacións en Radio Oleiros
   
Radio Oleiros

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 31 maio 2019

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libroshttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1447572&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os a partir de 5 anos):
"Bromas na escuridade" de Daniela Kulot. En Kalandraka.
A lebre Herminia, o verme Ringo e o oso Baldo deciden ir pasar a noite á casa dun deles. O punto de partida do relato son tanto os nervios dos hóspedes, pais e fillos, como a  hospitalidade dos anfitrións, tema este moi importante para calmar as inquedanzas.  De seguido a cea, o aseo, o xogo e o conto antes de durmir forman parte dunha divertida dinámica recorrente, que lles serve de apoio aos pequenos para sentirse máis seguros. E chega a hora de apagar a luz e durmir, entón Ringo decide prender unha lanterna e xogar ás sombras na parede. É agora cando a escuridade e por que non tamén un pouco a suxestión… xógalles unha mala pasada.
- Mozas-os e adultas-os:
"A hora de espertarmos xuntos" de Kirmen Uribe, traducida ao galego por Isaac Xubín, editado por Xerais.
A partir dunha pintura do pintor Antonio Gezala, o autor tece unha histora sobre o amor, a
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1250930&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE liberdade e o exilio, un verdadeiro retrato histórico que comeza da man dunha familia do País Vasco ata converterse en universal. A Karmele Urresti, a Guerra Civil sorpréndea en Ondarroa, non foxe ao exilio senón que decide quedar curando feridos e tratando de liberar o seu pai. Rematada a guerra ten que exiliarse en París, onde coñece ao que será o seu home, o músico Txomin Letamendi, amigo de Manu Sota, o tercer piar da novela, e  fillo menor do industrial vasco Ramón de la Sota. Mentras tanto Karmele e Txomin coa chegada dos nazis a París partirán a Venezuela. Alí serán visitados polo lehendakari Aguirre que os convence para que se metan nos servizos secretos vascos que traballan para a intelixencia estadounidense. Todos cren que os días do ditador están contados…
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza