Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades de promoción da lectura e culturais » Recomendacións en Radio Oleiros
   
Radio Oleiros

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 10 maio 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros

- Infantil (a partir de 3 anos):

No país do vento (libro + cd audio), de Charo Pita, con ilustracións de Óscar Villán.
Galaxia

Charo Pita é a autora dos contos, textos das cancións e da música. As ilustracións son de Óscar Villán. Os arranxos e dirección musical son de Jorge Juncal e as voces e coros son de Charo Pita e de María Faltri.

Preséntanos 13 cancións como: "Todos queren ser" que nos fala de diferentes animais que queren ser o que non son, "A familia Papaventos" que vivía voando polo ceo, "Soños de sol" que nos presenta un ceo mar de estrelas e un mar ceo estrelado de areas con ondas de nubes e escuma que danzan ao sol da marea, "A científica incorrexible" que é detective e algo poeta ou "No país do vento" no que nada, nada queda quieto e que dá titulo á obra, etc.
  
Unha deliciosa obra dirixida a nenas e nenos para que bailen, canten e se divirtan ao son da música, pero tamén gozando coas preciosas e imaxinativas ilustracións de Óscar Villán.

- Mozas/os e adultas/os:

Antonio Fraguas. Mestre da memoria, de Malores Villanueva Gesteira.
Galaxia

Biografía sobre o profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador e galeguista Antonio Fraguas a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2019.

Dános a coñecer unha vida que atravesa todo o século XX, porque Fraguas naceu no ano 1905 e faleceu en 1999. Naceu en Cotobade, estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e de Losada Diéguez e licenciouse en Filosofía e Letras en Santiago.
Foi membro das Irmandades da Fala, colaborou co Seminario de Estudos Galegos. En 1933 aproba as oposicións para profesor. O seu primeiro destino como catedrático de xeografía e historia foi no instituto da Estrada, onde impartiu aulas desde ese ano ata o comezo da Guerra Civil en que sufriu represión polas súas ideas galeguistas, prohibíndoselle exercer de profesor.
En 1950 volve a presentarse ás oposicións, aprobando e recuperando a súa praza de catedrático de instituto, tendo destino en Lugo e en Santiago. Ata ese momento pasou uns anos difíciles, de humillacións, de persecucións, pero cría na educación e centrou nela os seus esforzos.
Foi un profesor ao que lle gustaba ensinar, pero sobre todo explicarlle ao alumnado fóra das aulas. Por exemplo, se se trataba de explicar o Pórtico da Gloria levaba o alumnado á catedral de Santiago e alí llelo explicaba directamente. As clases de xeografía dábaas ao aire libre, aplicando as teorías da Institución Libre de Enseñanza.
En 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedara baleira polo falecemento de Castelao. Desde 1989 foi o director e presidente do Museo do Pobo Galego ao que doaría a súa biblioteca particular formada por 20.000 volumes.

Fraguas foi un estudoso que coñecía moi ben Galicia, un investigador incansable da cultura galega. Algunhas das súas obras son:

- Manuel Murguía, o patriarca
- Carnaval e outras festas
- Do Entroido
- Galicia máxica
- A festa popular en Galicia
- Romarías e santuarios
- Cantigueiro de Cotobade
- As cousas de Antonio de Insuela
- La Galicia insólita. Tradiciones gallegas
- El traje gallego
- La puerta santa

"Antonio Fraguas. Mestre da memoria" e un libro de carácter divulgativo moi interesante, cun estilo áxil que o fai fácil de ler e que pretende dar a coñecer quen foi este egrexio personaxe homenaxeado este ano polas Letras Galegas. A súa lectura é unha viaxe pola historia do século XX en Galicia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza