Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades de promoción da lectura e culturais » Obradoiros de ilustración e cómic

Obradoiros de ilustración e cómic

Con esta actividade preténdese dar a coñecer diferentes ilustradores/as galegos/as a través da realización dun taller co cal os nenos/as e adolescentes poidan coñecer os diferentes tipos de ilustracións que existen nos libros, banda deseñada e cómic.

Cada ilustrador ou ilustradora organiza a actividade de forma diferente.

Os obxectivos destes obradoiros son:

  • Aprender diferentes técnicas de ilustración, cómic e banda deseñada.
  • Animar aos nenos e nenas a expresar os seus sentimentos e gustos por medio de ilustracións, cómic e banda deseñada.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación a través de actividades plásticas e manuais.
  • Promocionar a lectura de cómic e obras de banda deseñada.
  • Fomentar que observen as ilustracións que aparecen nos libros.
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza