Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades de promoción da lectura e culturais » Letras Galegas
   
Letras galegas

« Atrás

Letras Galegas 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6514&itemoff=1

A biografía de Antonio Fraguas (1905-1999) é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX. O protagonista do Día das Letras Galegas 2019 participou nas principais iniciativas galeguistas do primeiro terzo do século, desde as Irmandades da Fala ao Seminario de Estudos Galegos. Dedicouse desde moi novo á recollida das expresións culturais que comezaban a esmorecer nuns tempos de cambios profundos. Investigador incansable, interesado en temas tan diversos como as lendas e crenzas, as festas e romarías, o culto aos mortos, os xogos ou a arquitectura tradicionais, Fraguas soubo transmitir a paixón pola preservación do tesouro que é a cultura popular como mestre comprometido co seu alumnado e como unha das persoas fundamentais na posta en marcha do Museo do Pobo Galego.

A Biblioteca Central Rialeda acolle unha exposición bibliográfica con obras da autoría de Antonio Fraguas e outras relacionadas coa etnografía, costumes, festas, etc. que constitúen unha parte importante da memoria popular de Galicia escritos por outras-os investigadoras. Se queres coñecer máis sobre a figura de Antonio Fraguas clica nas ligazóns: Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega, Primavera das Letras, Portal das palabras, Seminario Galán.
Fonte do texto: Portal das palabras // Imaxe do post baseada nunha foto do Consello da Cultura Galega

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza