Para a nena e neno pequeno a palabra oída exerce unha gran fascinación. O conto ou a poesía incorpórano a unha cultura que lle pertence, fano partícipe dunha creación colectiva e outórganlle signos de identidade. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa.
A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e a capacidade de fabulación de quen escoita. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Obxectivos:
* Comprender, divertirse e reflexionar son os tres principais puntos en que se basea esta actividade.
As contadoras e contadores Paula Carballeira, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Inés Cuadrado, Ramiro, Caxoto e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
A actividade está dirixida a nenas e nenos menores de 10 anos.
Todos os actos terán lugar ás 18.30 h.
Os días festivos non haberá actuacións.
Esta actividade de animación á lectura realizarase de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Biblioteca Central Rialeda: Telef. 981 639 511
Teléfono do Veciño: 981 610 000
“O libro, lugar onde dormen as historias que están esperando ser espertadas polas futuras lectoras e lectores”.