Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Encontros con autores/as
   
Encontros con autores/as

« Atrás

Actividades de promoción da lectura: de 23 a 27 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf

Na semana do 23 ao 27 de marzo, as Bibliotecas Municipais de Oleiros levarán a cabo interesantes actividades de promoción da lectura, unhas dirixidas ao público en xeral e outras para alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.
 
Contos en feminino: Contacontos para adultas/os
O xoves, 26 de marzo, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz realizarase un contacontos para adultas/os a cargo das contadoras Soledad Felloza, Fátima Fernández e Charo Pita nunha actividade denominada “Contos en feminino”, na que contarán contos de diferentes temáticas, uns baseados na tradición popular galega e outros traídos doutras culturas. Invitamos a asistir a todas as persoas que o desexen.
 
Dentro das actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros, no Teatro As Torres de Santa Cruz levaranse a cabo os seguintes actos: O luns 23, ás 11:40 horas, realizarase un encontro literario coa escritora Xulia Alonso, dirixido a alumnado de 1º de bacharelato do Instituto Miraflores de Oleiros, para comentar a súa obra “Futuro imperfecto” publicada na editorial Galaxia, que a propia autora define como “unha cápsula de memoria, da súa propia memoria, que nos leva á década dos 80, onde a vida se presenta cun aire novo...”. Esta actividade é posible grazas á colaboración da editorial Galaxia.

O martes 24, ás 10:30 horas, levarase a cabo a conferencia “Mitos e deidades na época dos castros: da ciencia á literatura” a cargo do escritor, profesor da USC e director da web do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago e da actriz Soledad Felloza, dirixida a alumnado de 3º de ESO do Instituto Miraflores de Oleiros. A partir do seu exitoso libro “Vento e chuvia: mitoloxía da antiga Gallaecia” o autor introducirá no rico universo das crenzas, mitos e deidades que existiron na Gallaecia da Idade do Ferro. A través da creación literaria de Manuel Gago poderemos coñecer deusas e deuses da antiga Gallaecia. 

Tamén o martes 24, pero ás 12:30 horas, levarase a cabo a conferencia “Panorámica da literatura galega actual” a cargo da escritora e profesora da USC, Dolores Vilavedra, dirixida a alumnado de 2º de bacharelato do Instituto Miraflores de Oleiros, na que presentará a literatura galega actual e achegará a figura e a obra de diversos/as escritores/as galegos/as actuais. Esta actividade tamén é posible grazas á colaboración da editorial Galaxia.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, os días 25 e 26, a actriz e contadora de contos Soledad Felloza realizará tres sesións coa interpretación da famosa obra de Roald Dahl “Charlie e a fábrica de chocolate”, dirixidas a alumnado do CEIP Luís Seoane de Mera de 3º e 4º curso de primaria.

O día 25, na Biblioteca do Instituto Miraflores, a poeta Yolanda Castaño, realizará dous obradoiros de poesía dirixidos a alumnado de 4º de ESO deste instituto. Traballarán tanto con prácticas de estimulación creativa como reforzándoas a partir de textos que conecten co seu mundo. O amor, o erotismo, a dor, a carraxe ou a liberdade son eixos temáticos que proporcionan, á vez, campos aboados para a experimentación poética. Preténdese promover a lectura de obras de poesía, fomentar o pracer da escrita poética, desenvolver a creatividade e perfeccionar as composicións poéticas.

Na Biblioteca Central Rialeda, os días 26 e 27 de marzo, levaranse a cabo tres visitas guiadas a cargo do persoal da mencionada biblioteca e dirixidas a alumnado de 1º de ESO do Instituto Miraflores de Oleiros. Preténdese explicar o funcionamento da biblioteca, para que o alumnado a utilice fóra do seu horario escolar: coñecer a biblioteca, presentar a páxina web municipal e o blog das bibliotecas, aprender a realizar buscas no catálogo e, principalmente, fomentar o uso do libro e a lectura. Estas actividades finalizarán cun contacontos titulado “Feirantes”  a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira, realizado a partir da adaptación dun relato da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza