Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades en cada biblioteca » BPM Xograr Mendiño
   
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño

« Atrás

Grazas por Mafalda, Quino!

Foto: quino.com.ar
Na esquina das rúas Chile e Defensa, no barrio porteño de San Telmo, agarda sentada Mafalda. Esta cativa, nacida en 1964 da imaxinación de Quino, espera polas persoas que a queren en todo o mundo. Sempre rodeada de amigas-os, hoxe quedou un pouco triste. Quino foise deixándonos unha filla, unha irmá, unha amiga marabillosa que cuestionou a orde do mundo, que fixo todas as preguntas (con e sen resposta), que se rebelou contra o peor de nós mesm@s e faloulle con sentido común á humanidade. 
Segue agardando nese banco por nós, Mafalda! 
Nas bibliotecas, nas casas e nos corazóns, xa estás. 
Grazas, Quino!

Fragmento da Autobiografía de Quino: "Al son de esta nana nace, en 1932, en Mendoza (Argentina) un bebé llamado Joaquín Salvador Lavado Tejón, «Quino», de padres andaluces. Como papá y mamá son españoles, «todos los españoles son personas estupendas». Pero a los cuatro años (1936) el pequeño Quino descubre que andan por ahí unos españoles malísimos, que están matando a los españoles buenos. Alemanes, italianos, curas y monjas son personas malísimas porque están de parte de los españoles malos...".
 
Visita a expo bibliográfica adicada a Quino na Biblioteca Central Rialeda. Nas bibliotecas de Oleiros ofrecémosche os títulos que podes ver nesta ligazón. En eBiblio, "Mafalda: todas las tiras" e "El amor según Mafalda".

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza