Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Actividades » Actividades en cada biblioteca » BPM Manuel María
   
Biblioteca Pública Municipal Manuel María

« Atrás

Abrimos a fiestra... aos museos!

https://www.instagram.com/museosoleiros

“Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” é o lema para o Día Internacional dos Museos 2020, que celebramos hoxe 18 de maio. Os museos son lugares excepcionais para intercambio cultural, o enriquecimento e desenvolvemento da comprensión mutua entre os pobos. Recomendamos a visita, polo de agora virtual, destes tres centros museísticos:
 
- O Museo “Os Oleiros” – José Mª Kaydeda, institución de titularidade municipal que ten a súa sede no primeiro e segundo andar do Centro Cultural As Torres en Santa Cruz, do noso Concello. Dedícase ao mundo da olaría popular española e na súa exposición permanente pódese atopar unha ampla variedade de pezas de uso cotiá procedentes de toda a xeografía española, incluíndo as illas. Na mostra hai, tamén, un pequeno apartado dedicado á olaría precolombina.
 
- Visitar a web de Museos de Galicia é case dar unha volta por todo o País sen saír da casa. Nela poderás ver exposicións, visitas 3D e numerosas actividades en museos de temática diversa.
 
- O Museo da BNE seleccionou para esta ocasión a exposición virtual "Manos con voz propia: quinientos años de lengua de signos". A través de manuscritos, libros, gacetas, fotografías, gravados e obxectos preséntanse os principais sistemas de ensinanza da lingua de signos e as novidades pedagóxicas xurdidas nos séculos XX e XXI.
 
- A Tate é a rede estatal de galerías británicas con sede en Londres e outras cidades inglesas, especializada en arte moderna e contemporánea. O seu espazo web para cativas-os, Tate Kids, é un entorno en liña para divertirse con xogos de arte, escribir historias e subir e compartir arte con nenas-os de todo o mundo. Ofrece ferramentas para que as-os máis xoves fagan as súas propias obras ou interactúen coas do Museo. Feliz Día Internacional dos Museos!

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza