Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica
   
NOVAS

« Atrás

PROGRAMACIÓN CULTURAL: SÁBADO 3 DE OUTUBRO

 Sábado 3 de outubro ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

“Melancoholemia”

Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Autoría e dirección: Antón Reixa

Sinopse: Sobre un texto propio, Antón Reixa, interpreta un paciente dunha institución mental que recibe os convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo” glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser. As imaxes do vídeo realizado por Antonio Sergade, baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas, a música de Cachopou e a presenza da actriz Antela Cid conforman a posta en escena dirixida polo dramaturgo vasco Fernando Bernues (El Florido Pensil, El Hijo del Acordeonista).

Elenco: Antón Reixa e Pedro Brandariz

Xénero: comedia satírica e poesía con audiovisuais

Duración: 60 minutos

Público: adulto

Prezo: 3,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

En atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos terán aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza