Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica
   
NOVAS

« Atrás

Teatro en Mera o sábado 14 de marzo

CANCELADO

O sábado 14 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera a compañía ButacaZero presenta “Despois das ondas”

Autoría: Ernesto Is
Dirección: Xavier Castiñeira

Sinopse: Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral. A nena medrou para converterse na grande actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?. Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

Elenco: Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is
Xénero: drama
Duración: 75 minutos
Público: maiores de 12 anos
Prezo: 3,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza