Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica
   
NOVAS

« Atrás

Concerto de Mónica de Nut e Virxilio Dasilva na Fábrica

O sábado 23 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio da Fábrica de Perillo Mónica de Nut e Virxilio Dasilva presentan o espectáculo Dos fíos invisibles chegan as cores.

Música ecléctica galega entre Mónica de Nut (voz) e Virxilio da Silva (guitarra). A súa música é un percorrido polos dous discos publicados no selo FreeCode Jazz Records. Un proxecto premiado na categoría de Músicas do Mundo nos Premios Martín Códax da Música de 2014 e seleccionado entre os 5 mellores discos de jazz dese mesmo ano segundo o Club 1906 de Estrella Galicia. A cantante segue a insistir na combinación de música clásica, jazz, rock e tradición galega; música palleira, mestura de razas e estilos; dispersión sonora que acouga nas tripas. A esperanza está no inesperado, nos fíos invisibles que traen as cores que van chegando.

Premiado como mellor proxecto musical na categoría de Músicas do mundo polos Premios Martín Códax da Música 2014 e seleccionado entre os 5 mellores discos de jazz de 2014 segundo o Club 1906 de Estrella Galicia.

Prezo: 2,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza