NOVAS « Atrás ALFAROLEIROS 2019: XXV EDICIÓNEste ano 2019 celébrase a XXV edición da feira de olería de Oleiros, máis coñecida como Alfaroleiros. Terá lugar do 7 ao 11 de agosto no Parque Luis Seoane de Santa Cruz. Un ano máis, diferentes oleiros achegaranse a Oleiros para sementar o parque Luís Seoane de Santa Cruz de tradición e bo facer. Coa finalidade de facer honor ao seu topónimo, o Concello de Oleiros, a través do Departamento de cultura, desenvolve esta Feira de Alfareiría Tradicional que é, polo seu carácter específico, unha feira única onde a tradición e o antigo se esixen en toda a súa pureza. Convídase a alfareiros tradicionais de diferentes puntos da Península Ibérica, que, ou ben son únicos na súa zona no traballo alfareiro, ou ben son dos máis significativos en canto á calidade e pureza das pezas que traen á Feira. As pezas estarán expostas entre as 10.00 e as 22.30 horas, e os alfareiros ensinarán e venderán o froito do seu traballo a miles de visitantes. Ademáis da exposición e venda das pezas, os alfareiros realizarán demostracións do seu traballo. Alfaroleiros, é unha Feira que axuda a promocionar tanto turística como económicamente o noso Concello, xa que ademáis dos visitantes habituais que se achegan á zona, son moitas as persoas que veñen especifícamente a visitar a Feira e a mercar “os obxetos” que nela se ofrecen. Serve este evento para apoiar un oficio tradicional como é a alfareiría e potenciar ao mesmo tempo o uso da hostelería e do comercio existente na zona. Paralelamente á Feira, no mesmo Parque Luis Seoane e na praza Esther Pita, desenvolveranse diversas actividades de carácter lúdico-cultural (obradoiros, concertos, espectáculos de rúa,…) para disfrute da veciñanza e das persoas que nos visitan, coas datas, horarios e programación que se adxunta. Para consultar o programa preme aquí.
|