Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica
   
NOVAS

« Atrás

Teatro no auditorio de Mera o sábado 6 de abril

O Sábado 6 de abril ás 20:30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera a compañía Estudo Momento, presenta o espectáculo Macbeth. O ruído e a furia.
Autoría: William Shakespeare. Dirección: Estudo Momento
Sinopse: Macbeth. O ruído e a furia, adaptación en verso de Manuel Lourenzo. A grande traxedia celta de William Shakespeare protagonizada polos actores Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesias, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo.
Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volve xamais.
Volven os tempos escuros. Volven os tempos de Macbeth.
Elenco: Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesias, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo Xénero: Teatro clásico Duración: 80 minutos Público: maiores de 12 anos
Prezo: 3,50 euros (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza