Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica
   
NOVAS

« Atrás

XXXI Tríatlon Concello de Oleiros

PARALIZADO O PROCESO DE PREINSCRICION

Normativa 2020

 Organiza:

Concello de Oleiros

Correo electrónico: deportes@oleiros.org

Teléfono: 981 610 000 

Colaboran:

Federación Galega de Tríatlon

Protección Civil do Concello de Oleiros

Policía Local do Concello de Oleiros

Garda Civil de Tráfico 

Data e horario da carreira:

Sábado 23 Maio 2020

Saída ás 16:00 h 

Distancia:

Para todas as categorías, sprint:

750 m de natación – 21 Km en bicicleta – 5,5 Km de carreira a pé 

Participación:

Neste tríatlon poderán participar: 

  • Todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon.
  • Aquelas persoas que fagan licenza dun día (achegando copia do DNI).
  • Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 200. 

Categorías (H/M):

Absoluta (Xeral), Cadete (2003-2005), Xunior (2001-2002), Sub-23 (1997-2000), Veterán 1 (1971-80), Veterán 2 (1970-1961 ), Veterán 3 (1960 e anteriores) 

Calendario de inscrición 

  • Do luns 16 de marzo ás 10:00 horas ata o luns 23 de marzo ás 13:00h, abrirase o prazo de preinscrición na web municipal do Concello de Oleiros www.oleiros.org, Concellería de Deportes. É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, NIF, data de nacemento, sexo, categoría, teléfono, enderezo electrónico, enderezo postal (rúa, número, piso, código postal, municipio, provincia), tamaño de camiseta e nome do club ou no seu caso, non federado.
  • A organización reservará 20 prazas para triatletas das categorías cadete e junior, e 30  prazas para mulleres.
  • O 24 de marzo publicarase a listaxe de persoas preinscritas, na web municipal.
  • O 25 de marzo ás 10:00 h farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas.
  • O 27 de marzo publicarase a listaxe provisional na web municipal.
  • Do 1 ao 6 de abril (inclusive) será o prazo de pagamento. Para facer efectiva a participación o comprobante de pago deberase enviar a deportes@oleiros.org do 1 ao 6 de abril. Os/as 200 agraciados/as no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas para facer a licenza dun día deberán achegar a este correo ademais a copia do DNI e o documento de autorización de protección de datos que se xunta asinado para a Federación Galega de Tríatlon e P.M. Poden descargalo na seguinte ligazón https://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/12/ficha-non-federados-1.docx (O Concello de Oleiros correrá cos gastos da tramitación). O custo da inscrición para todos/as os/as participantes é de 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público. 

Saída, boxes e meta:

No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera. 

Recollida de dorsais:

Entrega de dorsais o mesmo día da proba de 13:00 a 15:00 h no parque A Lagoa de Mera.

Control de material de 14:45 a 15:30 h. 

Hora de remate da proba: ás 18:00 horas aproximadamente. 

A cronometraxe da proba realizarase por medición electrónica, todos/as aqueles que teñan o Champion Chip amarelo o poden usar.

Premios:

Nas categorías absolutas (H/M) premiarase cun trofeo ao campión e unha tarxeta-agasallo por valor de 100 €, para adquisición de material deportivo nunha de tenda deportiva ( a informar). O segundo e terceiro clasificado obterán a correspondente medalla polo posto acadado.

Nas restantes categorías tamén se entregarán medallas aos/as tres primeiros/as clasificados/as. Non haberá duplicidade de medallas.

A entrega de premios/as farase ao remate da proba.

Todos/as os/as participantes recibirán unha agasallo conmemorativo do XXXI Tríatlon Concello de Oleiros ao tempo que se sortearán entre todos/as os/as que rematen a proba, 5 tarxetas-agasallo por valor de 50 € para adquisición de material deportivo.

Normas de competición:

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento oficial de competición da Federación Galega de Tríatlon. 

Aparcadoiro:

Poderase aparcar na rúa Tierno Galván ata unha hora antes do comezo da proba. Os vehículos non se poderán retirar deste aparcamento ata que non remate a carreira a pé do último participante. Aparcadoiros públicos en avenida Curros Enriquez despois de boxes e Avenida María Pita antes de boxes (a 500m. da zona boxes). 

Vestiarios:

As duchas estarán situadas no pavillón municipal de Canide, a 1 km da zona de boxes. 

Resultados 2019

Clasificación 2018

RESULTADOS 2017 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza