Folla inscrición e información 2020 
Folla inscrición e información 2020 interactiva 
Desde o Concello de Oleiros, somos coñecedores das limitacións que ten a mocidade para acceder á práctica regular de actividade física organizada fóra do eido federativo e competitivo. Con esta motivación nace o Programa xuvenil de actividade física para a saúde e que está composto polas seguintes actividades dirixidas:
Programa base:
CARDIO: Actividade cardiovascular orientada á mellora da resistencia aeróbica a través de actividades como o bike indoor, Bodybox ou Step.
ZUMBA: Actividade aeróbica coregrafiada que usa como base musical ritmos latinoamericanos.
BODY BOX: Actividade cardiovascular que mestura exercicio físico con artes marciais e movementos a base de puños e patadas.
ADESTRAMENTO en SUSPENSIÓN: Acondicionamento físico en base ao traballo da forza e resistencia muscular, utilizando exercicios de autocarga en suspensión (TRX).
CROSS GYM: Sistema de adestramento que mellora todas as calidades físicas básicas (forza, resistencia cardiovascular, velocidade, flexibilidade, potencia, resistencia á forza, equilibrio, coordinación, etc.).¿É un sistema baseado en levantamentos de cargas, exercicios ximnásticos e acondicionamento cardiovascular.
Programa avanzado:
FITNESS XUVENIL: Programa de iniciación ao adestramento en sala fitness dirixido exclusivamente a rapaces e rapazas entre 14 e 16 anos. Poderán acceder a el os rapaces e rapazas que teñan unhas destrezas e nivel físico básico suficiente a xuízo das persoas responsables do programa. O programa estrutúrase en 3 partes.
- Primeira fase: Consta dunha entrevista persoal de 30 minutos (outubro) onde se formularán os obxectivos da actividade e se deseñará un plan de traballo.
- Segunda fase (tutelada): Terá unha duración de tres meses (novembro, decembro e xaneiro), nos seguintes centros e horarios:
De 16:30 a 17:30 nos centros deportivos de:
Dorneda: martes, xoves e venres
Oleiros: luns e mércores
- Terceira fase: A partir dos 3 meses de tutelaxe poderán comezar a utilizar a sala fitness de xeito autónomo. Os horarios indicados para iso serán de luns a venres, entre as 15:30 e as 18:30 h.
Temporalización:
Do 1 outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021 (inscrición aberta todo o ano).
Obxectivos
Programa base:
- Dar resposta á demanda de actividades de acondicionamento físico en idade xuvenil.
- Xerar unha dinámica de actividade física para consolidar hábitos deportivos especialmente en mulleres de entre 12 e 18 anos.
- Evitar o abandono da práctica deportiva na etapa adolescente.
- Crear alternativas de práctica deportiva fóra do campo do deporte de competición e deporte federado.
- Establecer ambientes de socialización ao redor da actividade física.
Programa avanzado:
- Iniciar a/o usuaria/o do programa na utilización dos aparellos da sala fitness.
- Explicar a normativa de uso da sala fitness buscando a autonomía futura nesta.
- Aprender as distintas partes do adestramento deportivo (quecemento, parte principal e volta á calma).
- Acadar un acondicionamento xeral por medio deste traballo.
DESTINATARIAS/OS
Poboación xuvenil entre 2008/03 (agás o programa avanzado 2006/05).
DISTRIBUCIÓN DAS SESIÓNS
COMPLEXO DEPORTIVO DE OLEIROS
HORARIO | LUNS | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
18:00-19:00 | | BODY BOX | | |
18:30-19:30 | ZUMBA | | ZUMBA | CARDIO |
COMPLEXO DEPORTIVO DE PERILLO
HORARIO | MARTES | MÉRCORES | VENRES |
17:00-18:00 | | ADESTRAMENTO EN SUSPENSIÓN | |
18:00-19:00 | ZUMBA | | ZUMBA |
COMPLEXO DEPORTIVO DE DORNEDA
HORARIO | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
17:00-18:00 | | | CROSS GYM |
17:30-18:30 | ZUMBA | ZUMBA | |
Programa xuvenil de acondicionamento físico