Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

PROGRAMACIÓN CULTURAL: SÁBADO 19 E DOMINGO 20 DE SETEMBRO

Sábado 19 de setembro ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

Teatro da Ramboia “O meu mundo non é deste reino”

Obra gañadora do 1º certame de proxectos teatrais da Fundación Manuel María

Autoría: Adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María

Dirección: María Peinado

Elenco: Anxo García e Fran Lareu

Xénero: comedia

Duración: 85 minutos

Público: maiores de 14 anos

Sinopse: O meu mundo non é deste reino, é unha adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse. 

Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous monicrequeiros que levan o mesmo espectáculo polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme "tutilimundi". A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de Pandora latente. Contar e dar vida ao que contén supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen, un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase. Mais Camilo e Tomás volverán representar a súa farsa, o “tutilimundi” volverá a abrirse e a historia volverá comezar.

Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse no auditorio a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos terán aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.  

Domingo 20 de setembro ás 12:30 horas

Parque José Martí, Santa Cristina. (Si chove, o espectáculo trasladarase ao auditorio do centro cultural A Fábrica)

"Danza3 na Rúa" Actuación do Grupo de Música e Baile Tradicional de Galicia "Xacarandaina"

O parque José Martí acolle a actuación do Grupo de Música e Baile Tradicional de Galicia "Xacarandaina". O espectáculo forma parte do programa da Agadic "Danza3 na Rúa" que se ven realizando desde hai 10 anos polas distintas vilas de Galicia.

O programa Danza 3 é un proxecto promovido pola Agadic e as agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos arredor da música e baile tradicionais que se desenvolve en toda Galicia a través de espectáculos de rúa que contribúen á difusión e divulgación dunha parte esencial da cultura galega e que proporciona ao público unha información fundamental para poder comprender e valorar axeitadamente a importancia do patrimonio inmaterial de Galicia.

A entrada será libre, pero en atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, o espectáculo terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.  

                En caso de chuvia o espectáculo trasladarase ao auditorio do centro cultural A Fábrica.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza