Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

INICIO PROGRAMACIÓN CULTURAL FEBREIRO-MAIO 2020

   O Departamento de cultura arranca a súa programación cultural de 2020 nos espazos escénicos municipais o vindeiro sábado 1 de febreiro co concerto no auditorio da Fábrica de Son Trío, que presentará o seu último traballo “Miña almiña”.

       Trece espectáculos de música e teatro encherán os escenarios municipais entre os meses de febreiro e maio. En canto ás propostas musicais, o ciclo Voces cálidas para noites de inverno, que neste 2020 chega á súa sétima edición, contará coa presencia de Son Trío, César de Centi, Tanxugueiras, Raquel Capote e Rebeca Jiménez. O sábado 18 de abril, a terceira edición do Festival Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes “Elas Son artistas” ofrecerá a oportunidade de escoitar a TéCanela.

           A programación teatral mesturará espectáculos de teatro e danza. Polo auditorio Gabriel García Márquez pasarán compañías como Malasombra Produccións, ButacaZero, La Macana ou Teatro do Atlántico. O sábado 4 de abril, o Grupo Estable de Teatro do Concello de Oleiros representará a súa última creación: “breves diálogos sobre o amor”. As compañías de danza Exire E Entremans presentarán o seu espectáculo “Médula” e Teatro da Ramboia “o meu mundo non é deste reino”, obra gañadora do 1º certame de proxectos teatrais da Fundación Manuel María.

A programación conta coa colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. 

Podes consultar o folleto premendo aquí.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza