Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

TEATRO EN MERA-SÁBADO 19 DE OUTUBRO

Sábado 19 de outubro ás 20:30 horas Auditorio Gabriel García Márquez, Mera  

Redrum Teatro presenta o espectáculo Idiota

Autoría: Jordi Casanovas
Dirección: Alex Sampayo
Sinopse: Unha mañá Carlos Varela por fin cre que a súa sorte mudou: un anuncio ofrece moitos cartos a cambio de someterse a unha serie de probas psicolóxicas. Recíbeo unha atractiva doutora de orixe alemá. Comezan as preguntas, e comeza a comedia. Unha comedia que non tarda en ennegrecerse atrapando o protagonista, igual que atrapa o espectador nunha tea de araña perversa.
Este malévolo texto, sementado de minas en forma de dilemas morais e inquietantes descargas de presión psicolóxica, mergúllase nos mecanismos de manipulación, nos resortes da cobiza, o poder das grandes corporacións, a desinformación culpable, a capacidade da tolerancia ante o abuso de autoridade e as inconmensurables dimensións da estupidez humana, sempre ignorante da letra pequena das cláusulas que impón a vida.
Jordi Casanovas tende con habilidade as súas redes dramáticas nun texto maxistral estreado en Barcelona en 2015 e que está percorrendo todo o mundo con grande éxito de crítica e público.
Elenco: Machi Salgado e Susana Sampedro
Xénero: comedia
Duración: 70 minutos
Público: maiores de 12 anos
Prezo: 3,50 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza