Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » A Fábrica » Contidos
   
NOVAS

« Atrás

RÚA EXT-CÉNICA 2019. III FESTIVAL DAS ARTES ESCÉNICAS NA RÚA

Do 12 ao 14 de xullo, terá lugar a terceira edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA.

Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa destinado a público xeral, con espectáculos para público familiar e para adultos, e entrada de balde.

O Festival pretende que as propostas programadas saian ao encontro co público, en espazos non convencionais. A rúa, entendida como un espazo aberto onde a cidadanía constrúe a súa vida cotiá, é cultura e a cultura está na rúa.

Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporanea, teatro de rúa,…que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo. 

Para consultar o programa preme aquí

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza