Concello de Oleiros

NOVAS

O Concello de Oleiros impulsa un programa de seguridade para maiores

Oleiros, 27 de xaneiro de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Servizos Sociais, impulsa un programa de seguridade para persoas maiores. A iniciativa consiste nunha serie de charlas informativas, impartidas por especialistas da materia da Garda Civil, para que os nosos maiores adopten medidas de protección na vida diaria que reforcen a súa seguridade.

Oleiros contribúe á construción de 150 vivendas e posibilita a educación de 300 mozos e mozas na zona norte de Nicaragua

Oleiros, 26 de xaneiro de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado por unha delegación do Fondo Galego de Cooperación para informar sobre os proxectos que este organismo leva a cabo na zona norte de Nicaragua. O alcalde estivo acompañado polo enxeñeiro agrónomo Armando Rodríguez Portillo, director do Centro de novas tecnoloxías aplicadas ao trópico seco do INPRHU-Somoto, e coordinador do seu programa de desenvolvemento rural, e pola traballadora social Marta Beatriz Álvarez Cáceres, coordinadora do Centro de Educación Alternativa Rural Telpochcalli.

Comezan as actividades do programa Ler para saber na Biblioteca Central Rialeda

Oleiros, 25 de xaneiro de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da rede municipal de bibliotecas, pon en marcha unha nova edición do programa Ler para saber, que debido ao éxito da pasada edición este ano conta con actividades desde xaneiro ata maio. En total serán once charlas e obradoiros sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, sita en Perillo, os venres ás 18.30 horas.

AVISOS

Radioleiros, todos os xoves, «Fio Aberto» co alcalde, 101.5 FM

Nova ponte da Pasaxe ¡xa!, demanda ao Ministerio de Fomento en: atencionciudadano@fomento.es

Consulta a axenda diaria de Oleiros nos paneis informativos ao teu alcance

Carpeta cidadá

Venres
27 / 01 / 2012
Parcialmente nublado
Actual: 7 °C

DESTACADOS

  • Si tes cans tes obrigas
  • Oleiros, traballando pola cultura
  • Escolas Municipais de Danza e Música
  • Cooperación Internacional, un selo de identidade

Nun click!! Máis trámites

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza